 |
 |
 CONVOCATORIA ABERTA A TODO O
ESTUDANTADO E PROFESORADO GALEGO O ensino
formará unha cadea humana
Comunicado para
todo o profesorado e alumnado galego:
Ante a catástrofe que
estamos a sufrir nas nosas costas, é necesaria unha rápida e
contundente resposta de toda a comunidade escolar polas seguintes
razóns:
1º A imprescindíbel concienciación ecolóxica da mocidade,
como parte da programación pedagóxica que todos os centros de
ensino apoiamos, e non só como tema transversal. Neste senso,
coñecer in situ a magnitude do desastre redundará nunha maior
efectividade á hora de transmitir estes contidos. 2º A carencia dunha
información veraz e xeralizada dos actos que en todos os centros
estamos a facer, de forma local e disgregada, lévanos a prantexar unha
acción que precisa dunha perfecta coordinación e unión de todo o noso
colectivo, co fin de acadar unha maior repercusión do noso sentir nos
medios de comunicación e na nosa sociedade en xeral. 3º É
incuestionábel a importancia na sociedade actual dunha educación para
a solidariedade, que nos faga reflexionar a todos/as sobre a
responsabilidade persoal que cada un/ha de nós ten que asumir na
defensa do noso patrimonio ecolóxico, económico e social; neste senso
é desde o sistema educativo que teremos que facer un maior labor que
redunde nunha viraxe cara a acadar unha sociedade máis xusta e
solidaria.
É por todo isto que, a “Coordenadora do Ensino”
Areanegra creada, e integrada na “Plataforma Cidadá NUNCA MÁIS”, vos
convocamos a que, previa reunión do Consello Escolar, o voso
centro participe activamente na realización dunha CADEA HUMANA DO
ENSINO GALEGO, a facer o mércores, dia 22 de Xaneiro ás 12 horas da
mañá, entre dous puntos da costa (que, no seu día, e unha vez
recollidos os datos dos Centros de Ensino a participar, se
concretarán); polo que, ante a urxencia da situación que estamos a
vivir, precisamos a mesma urxencia de resposta, de feito que antes das
vacacións de Nadal teñamos os datos dos Centros partícipes desta
proposta. Esta cadea estará formada polos integrantes de Ensino Medio
e Universidade, mentras que nos Centros de Primaria se farán as
cadeas nos propios centros o mesmo día a mesma hora, para evitar o
desprazamento dos rapaces menores de 12 anos. Adxuntamos folla a
cubrir e remitir a: areanegra2002@yahoo.es FAX: 986.54.10.17 (á
atención de P. Lamas)
Se non é posíbel asumir esta actividade
como centro e algún profesor ou profesora quere sumarse igualmente cun
grupo de alumn@s pódeo facer igual indicándoo na folla adxunta.
Difundide este comunicado entre todas as persoas vinculadas ao
ensino do voso entorno. Esta iniciativa conta co apoio dos grupos
ecoloxistas da FEG e ADEGA así como de BURLA NEGRA (colectivo de
persoas vencelladas á cultura). Se queredes desenvolver actividades
previas sobre o tema ou difundir aquelas que tedes feitas ou
vaiades facendo podedes facelo a través do noso correo
electrónico(areanegra2002@yahoo.es) ou da páxina Web de Area Negra
que se está a deseñar, e que proximamente difundiremos polos centros.
Actividades
previstas
« Volver á portada
|
 |
 |
 |
 Noticias • O Guerreiro do
Arco da Vella chega á Coruña • O mundo da música
con Galiza
• O texto da Praza
da Quintana.
• Declaración de
intencións da Platafoma contra a Burla Negra • O ensino formará
unha cadea humana • Frases para a
historia • Manifesto de
intelectuais • Non somos
invisibeis
|
 |
 |