eListas Logo
   El sistema de Listas de correo, Boletines y Newsletters más completo de la Red Inicio | Servicios | Publicidad | Compañía 
Inicio > Mis eListas > agadef > Mensajes


 Índice de Mensajes 
 Mensajes 2 al 21 
AsuntoAutor
Lanzamiento Ajedrez
Nuevo Ajedrez Sigl ROLDAN A
Direccións e-mails Manolo
consulta diego
Asamblea Xeral Ord AGADEF
Encontro sobre Xog Paco Vei
RV: RV: Curso de V Paco Vei
Os enredos. Petici Paco Vei
VIII Encontros AGADEF
Asamblea Xeral Ord AGADEF
RV: Cadea humana c Paco Vei
RV: LAPIDACIÓN DE Paco Vei
RV: Galicia en Le Paco Vei
Debate en agadef.c Manolo
novas na web Manolo R
Toques Manolo R
Toques Manolo R
RV: XVII Encontro Paco Vei
FW: Reenviar: Fw: Manolo R
FW: Reenviar: Fw: Manolo R
 << 2 ant. | 8 sig. >>
 
AGADEF
Página principal    Mensajes | Enviar Mensaje | Ficheros | Datos | Encuestas | Eventos | Mis Preferencias

Mostrando mensaje 18     < Anterior | Siguiente >
Responder a este mensaje
Asunto:[agadef] Toques
Fecha:Lunes, 2 de Febrero, 2004  17:19:10 (+0000)
Autor:Manolo Rico Grixó <mrgrixo @.......com>


--------- Mensage Original --------
De: "areanegra" <correo@...>
Para: "Undisclosed-Recipient:;" <Undisclosed-Recipient:;>
Asunto: ¡¡NON ME TOQUES!!
Fecha: 01/02/04 22:26

ASINA ESTE MANIFESTO NA NOSA WEB
www.areanegra.org

¡¡NON ME TOQUES!!

O colectivo de ensinantes areanegra solidarízase con Sandra, a rapaza de Toques que foi víctima de abusos sexuais por parte do alcalde da súa vila, Jesús Ares.

Desde esta páxina e desde todos os centros de ensino, queremos enviar a Sandra o noso total apoio, e transmitir a toda a sociedade a repulsa da comunidade educativa a calquera manifestación de violencia sexual e a calquera declaración xustificadora de tales feitos.

Animamos a todas as rapazas que sufran abusos sexuais a que os denuncien inmediatamente, e que non permitan coaccións de ninguén para calar e mirar cara outro lado. A dignidade das persoas está por riba de calquera presión de tipo político ou social.



Respecto aos feitos:

Rexeitamos contundentemente calquera tipo de violencia sexual, especialmente a que sofren as mulleres e as/os menores, e solicitamos a pena máxima para os culpables.

Denunciamos a situación de apoio e privilexio que lle dan a Jesús Ares os seus paisanos e superiores só polo feito de ser alcalde e ter unha situación de poder. Calquera persoa culpábel dun delicto criminal coma este debe ser condenado e inhabilitado de calquera función pública, independentemente da súa adscrición política. Por tanto, esiximos a dimisión de Jesús Ares como alcalde do concello de Toques.

Felicitamos a Sandra por ter denunciado o acoso sexual ao que foi sometida, e aplaudimos a súa valentía e dignidade. Transmitímoslle dende os centros de ensino toda a nosa solidariedade. ¡Ánimo! O profesorado e alumnado galegos estamos contigo.



Respecto ás declaracións insultantes dos nosos políticos:

As declaracións de Fraga sobre o alcalde de Toques constitúen unha clara apoloxía da violencia de xénero, unha gravísima ofensa para as mulleres, e para toda persoa que defenda unha sociedade libre e democrática.

Non consentimos declaracións minimizadoras dun delicto de abuso sexual, coa agravante de se tratar dun delicto infrinxido a unha menor. Tampouco consentimos a complicidade e o silencio.

Por tanto, esiximos aos políticos, se é que teñen un mínimo de ética e respecto polas mulleres e pola sociedade en xeral, que rectifiquen as súas declaracións, condenen firmemente estes feitos, e impidan que Jesús Ares e os seus edís continúen na alcaldía de Toques.

Así mesmo, esiximos a dimisión do Presidente Manuel Fraga e a súa inmediata retirada da política, pois a sociedade galega non pode consentir este tipo de insultos á liberdade das persoas e o amparo da violencia de xénero dende o cargo de presidencia da Xunta.


areanegra


¿No sabes cuál es el coche que más te conviene? Déjate ayudar por la Guía de Decisión.




ASOCIACIÓN GALEGA DE DOCENTES DE EDUCACIÓN FÍSICA.

 

eListas.net:  Página principalÍndice de listasCrear listaListas Destacadas
Tu Cuenta:  Mis eListasMi Información y PreferenciasApuntateAyuda
Servicios:  ServiciosProductosSoluciones ComercialesPublicidad
General:  AyudaNovedadesPrivacidad de datosNo spamEscríbenos

eListas

eListas.net es un servicio de Blabia Inc.
Copyright © 1999-2012 AR Networks, Todos los derechos reservados
Términos del Servicio | Privacidad de datos