Un saúdo cordial: Esta é unha mensaxe colectiva
dirixida aos socios/as de Nova Escola Galega
e de AGADEF co seguinte obxectivo:
Antón Cortizas, escritor e investigador do
patrimonio lúdico, está intentando compendiar (por fin alguén o fai) un tratado
da historia de Galicia que faltaba por facer. Quizabes sexa o ensaio de historia
máis necesario. Trátase de recompilar os xoguetes tradicionais. Como é fácil
comprender, o labor é algo así como un traballo de "chinos" para o cal solicita
a colaboración de persoas interesadas no
tema. ¿En que pode consistir? Velaí:
a) Achegamos a ficha de recollida de datos que está
utilizando. Pode tratarse de que nós mesmos lle cubramos a ficha duns cantos
xoguetes da nosa nenez (mesmo unha ficha soa sería moi válida). Non importa que
sexa un xoguete que el teña xa no seu arquivo, dado que a información pode ser
complementaria.
b) De mergullarnos intensamente no tema,
podemos propoñerlles incluso aos nosos alumnos/as (ou ás nosas amizades, ou...)
que nos cubran a ficha de un (ou varios xoguetes) cada un/unha.
Como pode comprobarse na ficha, os nomes do
investigador/a directo, do mediador/a e do propio constructor/a do xoguete (caso
de existir) quedarían reflectidos na publicación que se prepara.
Tal vez, de verdade, sexa unha ocasión única
de botar unha man na redacción da verdeira historia deste país.
Se queredes colaborar, reproducide a ficha
que achegamos e enviádea
a:
Antón Cortizas
Amado
Centro de
Formación e Recursos de Ferrol
Rúa O Galego Soto, s/n
15403 Ferrol
Moitas
gracias.