Convocatoria aberta.
Un grupo de persoas, representantes de diferentes entidades promotoras dos
xogos e deportes tradicionais galegos (clubes, asociacións, empresas, persoas
particulares...), debateron a pasada fin de semana en Ourense a pertinencia de
chegar a articular unha coordenadora galega (ou federación de entidades) para
conseguir ter presenza pública e poder actuar, entre outros, nos seguintes
campos:
1. A constitución de Federacións deportivas
en diferentes disciplinas tradicionais, como é o caso da chave.
2. A consecución de financiamento para o
desenvolvemento das actividades de recuperación e difusión das prácticas lúdicas
tradicionais galegas que veñen realizando cada unha das entidades.
3. O planeamento de actividades de formación
e divulgación conxuntas, dirixidas fundamentalmente ás novas xeracións, dos
xogos e deportes tradicionais.
4. O deseño de actividades de recuperación e
divulgación desde os medios de comunicación públicos.
5. ...
Todo isto baixo unha premisa elemental e
innegociable: Cada entidade debe seguir realizando as súas actividades, sen
inxerencia, como ata agora.
Despois de chegar á conclusión de que, en
efecto, a constitución dun organismo que englobe a todas aquelas persoas que en
Galicia desenvolven iniciativas arredor dos xogos e deportes tradicionais é
imprescindible, decidiuse REALIZAR UNHA CONVOCATORIA ABERTA A TODAS ESAS PERSOAS
E ENTIDADES PARA O VINDEIRO SÁBADO, DÍA 26 DE XUÑO, ÁS 10 H. DA MAÑÁ (con
previsión de remate cara mediodía) NO SALÓN DE ACTOS DA BIBLIOTECA MUNICIPAL DE
MELIDE ( A CORUÑA) , NO CENTRO XEOGRÁFICO DE GALICIA, coa finalidade de debater
a necesidade de constituír ese ente e, caso de estimarse pertinente a
iniciativa, de sentar as bases para realizar a súa constitución
efectiva.
As entidades e persoas sumadas á iniciativa
ata o momento son estas:
- Asociación Deportiva da Chave de
Ourense
- Asociación Cultural de Amoeiro, promotora
dos Encontros Galego-Portugueses de Xogos Tradicionais.
- O Palao, Centro de Interpretación de Xogos
Populares, de Ourense
- CEIP A Capela, que posúe un importante
museo de xogos tradicionais.
- Asociación de Amigos/as de Santa Comba de
Órrea, da Terra de Miranda, que ten recuperado a modalidade de birlos ao
canteiro nos últimos anos.
- Asociación Galega do Xogo Popular e
Tradicional, centrada na investigación e na divulgación.
- IES Melide, cun plano de re-incorporación
das prácticas lúdicas tradicionais á cadea de produción cultural.
- Lois Pardo
- Secundino García
- Xabier
- Manuel Cid
- Antón Cortizas
- Chema Rodríguez
- Anxo L.
Eiríz
- Xan Méndez
- Xulio
Pérez
- Manolo G.
Seoane
- Paco Veiga
- ...
Nun prazo de
poucos días recibirás a documentación que se someterá a debate na reunión.
No entanto, agradecémosche que difundas a iniciativa. Recibe un cordial
saúdo.