|
|
|
| Asunto: | [agadef] Coordinadora galega xogos tradicionais | | Fecha: | Viernes, 18 de Junio, 2004 23:42:10 (+0200) | | Autor: | Paco Veiga <pacoveiga @.......es>
|
Un saúdo: A
finais do mes de maio pasado, un grupo de persoas reunidas en Ourense arredor do
I Curso de Xogos Populares e Tradicionais convocado por O Palao,
decidiron convocar para o vindeiro sábado, día 26 de xuño, ás 10 da mañá, no
Salón de Actos da Biblioteca Municipal de Melide (no centro xeográfico do país),
a todas aquelas persoas e entidades interesadas na recuperación e na promoción
dos xogos e deportes populares e tradicionais galegos coa finalidade de
constituír unha coordinadora galega. Trátase dunha convocatoria aberta da que
che pregamos que fagas a máxima publicidade posible para que poida participar
nela calquera persoa interesada. Achegámosche o documento-base do que partirá a
reunión, onde se especifican os obxectivos que se pretenden conseguir e outras
particularidades. Recibe a nosa gratitude,
Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional
AGXPT@tiscali.es
|

 [Adjunto no mostrado: FEGAXOT.doc (application/msword)
]
|
|