eListas Logo
   El sistema de Listas de correo, Boletines y Newsletters más completo de la Red Inicio | Servicios | Publicidad | Compañía 
Inicio > Mis eListas > agadef > Mensajes


 Índice de Mensajes 
 Mensajes 9 al 28 
AsuntoAutor
Os enredos. Petici Paco Vei
VIII Encontros AGADEF
Asamblea Xeral Ord AGADEF
RV: Cadea humana c Paco Vei
RV: LAPIDACIÓN DE Paco Vei
RV: Galicia en Le Paco Vei
Debate en agadef.c Manolo
novas na web Manolo R
Toques Manolo R
Toques Manolo R
RV: XVII Encontro Paco Vei
FW: Reenviar: Fw: Manolo R
FW: Reenviar: Fw: Manolo R
RV: 1º congreso xo Paco Vei
Portal galego de x Paco Vei
Convocatoria abert Paco Vei
Coordinadora galeg Paco Vei
Brinquedia, Rede G Paco Vei
pagos socios encon salustia
RV: Reenviar: Olim Paco Vei
 << 9 ant. | 1 sig. >>
 
AGADEF
Página principal    Mensajes | Enviar Mensaje | Ficheros | Datos | Encuestas | Eventos | Mis Preferencias

Mostrando mensaje 24     < Anterior | Siguiente >
Responder a este mensaje
Asunto:[agadef] Convocatoria aberta coordinadora galega de xogos tradicionais
Fecha:Domingo, 6 de Junio, 2004  00:59:43 (+0200)
Autor:Paco Veiga <pacoveiga @.......es>

Convocatoria aberta.
Un grupo de persoas, representantes de diferentes entidades promotoras dos xogos e deportes tradicionais galegos (clubes, asociacións, empresas, persoas particulares...), debateron a pasada fin de semana en Ourense a pertinencia de chegar a articular unha coordenadora galega (ou federación de entidades) para conseguir ter presenza pública e poder actuar, entre outros, nos seguintes campos:
1. A constitución de Federacións deportivas en diferentes disciplinas tradicionais, como é o caso da chave.
2. A consecución de financiamento para o desenvolvemento das actividades de recuperación e difusión das prácticas lúdicas tradicionais galegas que veñen realizando cada unha das entidades.
3. O planeamento de actividades de formación e divulgación conxuntas, dirixidas fundamentalmente ás novas xeracións, dos xogos e deportes tradicionais.
4. O deseño de actividades de recuperación e divulgación desde os medios de comunicación públicos.
5. ...
Todo isto baixo unha premisa elemental e innegociable: Cada entidade debe seguir realizando as súas actividades, sen inxerencia, como ata agora.
Despois de chegar á conclusión de que, en efecto, a constitución dun organismo que englobe a todas aquelas persoas que en Galicia desenvolven iniciativas arredor dos xogos e deportes tradicionais é imprescindible, decidiuse REALIZAR UNHA CONVOCATORIA ABERTA A TODAS ESAS PERSOAS E ENTIDADES PARA O VINDEIRO SÁBADO, DÍA 26 DE XUÑO, ÁS 10 H. DA MAÑÁ (con previsión de remate cara mediodía) NO SALÓN DE ACTOS DA BIBLIOTECA MUNICIPAL DE MELIDE ( A CORUÑA) , NO CENTRO XEOGRÁFICO DE GALICIA, coa finalidade de debater a necesidade de constituír ese ente e, caso de estimarse pertinente a iniciativa, de sentar as bases para realizar a súa constitución efectiva.
As entidades e persoas sumadas á iniciativa ata o momento son estas:
  • Asociación Deportiva da Chave de Ourense
  • Asociación Cultural de Amoeiro, promotora dos Encontros Galego-Portugueses de Xogos Tradicionais.
  • O Palao, Centro de Interpretación de Xogos Populares, de Ourense
  • CEIP A Capela, que posúe un importante museo de xogos tradicionais.
  • Asociación de Amigos/as de Santa Comba de Órrea, da Terra de Miranda, que ten recuperado a modalidade de birlos ao canteiro nos últimos anos.
  • Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional, centrada na investigación e na divulgación.
  • IES Melide, cun plano de re-incorporación das prácticas lúdicas tradicionais á cadea de produción cultural.
  • Lois Pardo
  • Secundino García
  • Xabier
  • Manuel Cid
  • Antón Cortizas
  • Chema Rodríguez
  • Anxo L. Eiríz
  • Xan Méndez
  • Xulio Pérez
  • Manolo G. Seoane
  • Paco Veiga
  • ...
Nun prazo de poucos días recibirás a documentación que se someterá a debate na reunión. No entanto, agradecémosche que difundas a iniciativa. Recibe un cordial saúdo.

Paco Veiga
pacoveiga@edu.xunta.es







ASOCIACIÓN GALEGA DE DOCENTES DE EDUCACIÓN FÍSICA.

 

eListas.net:  Página principalÍndice de listasCrear listaListas Destacadas
Tu Cuenta:  Mis eListasMi Información y PreferenciasApuntateAyuda
Servicios:  ServiciosProductosSoluciones ComercialesPublicidad
General:  AyudaNovedadesPrivacidad de datosNo spamEscríbenos

eListas

eListas.net es un servicio de Blabia Inc.
Copyright © 1999-2012 AR Networks, Todos los derechos reservados
Términos del Servicio | Privacidad de datos