eListas Logo
   El sistema de Listas de correo, Boletines y Newsletters más completo de la Red Inicio | Servicios | Publicidad | Compañía 
Inicio > Mis eListas > igadi > Mensajes


 Índice de Mensajes 
 Mensajes 121 al 131 
AsuntoAutor
Galicia no Diálogo fp
Tempo Exterior nº fp
Novidades Igadi na fp
Novidades Igadi na fp
Novidades Igadi na fp
Novidades Igadi na fp
Galicia, ponte ent fp
Novidades Igadi na fp
Novidades Igadi na fp
Novidades Igadi na fp
Novidades Igadi na fp
 << 20 ant. | -- ---- >>
 
Igadi na Rede
Página principal    Mensajes | Enviar Mensaje | Ficheros | Datos | Encuestas | Eventos | Mis Preferencias

Mostrando mensaje 126     < Anterior | Siguiente >
Responder a este mensaje
Asunto:[igadi] Tempo Exterior nº 15
Fecha:Domingo, 16 de Diciembre, 2007  20:04:32 (+0100)
Autor:fp <fper @.......es>

Querid@ amig@,

Adiantamos os principais contidos de Tempo Exterior, a revista semestral de análise e estudos internacionais que edita o IGADI.

Tamén achegamos un boletín de subscrición (no ficheiro pdf adxunto), por se é de interese formalizar a sinatura. Todas as recibidas antes de fin de ano terán agasallo seguro.

Apertas cordiais,
Xulio Ríos,
director.

Carta aos lectores

Galicia conta coa súa primeira delegación oficial no exterior. En Bos Aires iniciase unha nova etapa da nosa paradiplomacia co reto de non deixala subsumir no asistencialismo migratorio, nun tempo en que se impoñen visións ambiciosas que sen mingua do recoñecemento e integración do valor da diáspora, saiban afrontar os desafíos e oportunidades que presenta a mundialización. Por iso, a concreción das liñas mestras que deben guiar a nosa acción exterior nos próximos anos (Fernando González Laxe), cómpre completalas coa integración doutras dimensións parciais (Craig Patterson e Ângelo Gonçalves Vicente) que deben ser atraídas para establecer complicidades que nos permitan optimizar os nosos recursos e potencialidades. Nesa liña, as propostas documentais xenéricas deberían ir acompañadas da activación de diálogos e intercambios de opinión e de experiencias con todos aqueles actores que contribúen a difundir unha imaxe de Galicia no mundo e cos que cómpre atopar espazos de compromiso en aspectos básicos. A experiencia de Euzkadi (Mikel Burzako), a máis avanzada no Estado, sen que debamos imitar nada, pode ser de gran valor para o noso recorrido.

O segundo eixo temático deste número afonda nas delicadas relacións exteriores de Rusia, tanto con EUA (Mariano Aguirre), como coa Unión Europea (Francisco Herranz), a Polonia (Mercedes Herrero) que simboliza moitas das tensións que rodean o actual desentendemento cos antigos aliados do bloque centroeuropeo, e, finalmente, cos chamados estados eslavos posoviéticos (Alexis Romanov), inmersos nos últimos tempos en convulsións de diverso  e contrario signo. O resultado das eleccións lexislativas do 2 de decembro non deixan lugar a dúbidas sobre o continuísmo da política do Kremlin que, neste eido concreto, tentará recuperar posicións de influencia nunha pugna estratéxica cos intereses occidentais, aventurando un horizonte de inestabilidade nos variados confíns do estranxeiro “próximo” de Moscova.

Nun terceiro bloque abordamos dúas reflexións sobre o fenómeno terrorista e al-Qaida, tanto dende unha perspectiva xeral (Pedro Brieger), como tamén centrada nas singularidades presentes no norte de África (David Alvarado). Unha reflexión sobre Xapón (Salvador Rodríguez Artacho) ilústranos sobre as dificultades do tempo político nipón na era pos-Koizumi que achega aínda numerosas incertezas e deixa en entredito a capacidade para propiciar as reformas de fondo que Shinzo Abe pretendía para facer de Xapón un país “normal”. Por último, a valoración do XVII Congreso do Partido Comunista de China, adiántanos os principais desafíos que figuran na axenda política do coloso oriental para o próximo lustro, facendo fincapé no dobre desafío identificado polos dirixentes daquel país: a construción dun novo modelo de desenvolvemento que teña en conta o respecto ao ambiente e a xustiza social, e a apertura de espazos de maior democracia que contribúan a reforzar –e non a alterar– o actual sistema político. Unha ecuación complexa.

O director.















---







NUNCA PENSASTE QUE PUDIERA EXISTIR TANTA BELLEZA
Disfruta de una foto diferente de nuestro Cosmos cada dia.
¿Cual será la de hoy? ¡Descúbrela visitando fadd.corank.com ya mismo!




[Adjunto no mostrado: boletin_subscricion.pdf (application/pdf) ]


[Adjunto no mostrado: boletin_subscricion.pdf (application/pdf) ]

eListas.net:  Página principalÍndice de listasCrear listaListas Destacadas
Tu Cuenta:  Mis eListasMi Información y PreferenciasApuntateAyuda
Servicios:  ServiciosProductosSoluciones ComercialesPublicidad
General:  AyudaNovedadesPrivacidad de datosNo spamEscríbenos

eListas

eListas.net es un servicio de Blabia Inc.
Copyright © 1999-2008 Blabia Inc., Todos los derechos reservados
Términos del Servicio | Privacidad de datos